Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

O protagonismo da mocidade

Os mozos e mozas son os principais protagonistas da nosa proposta. Son eles os que constitúen a Xunta Coordinadora da entidade e a Asemblea de Socios, e polo tanto os que toman todas as decisións e representan á entidade nos distintos foros sociais. Son principalmente eles os que, como voluntarios ou destinatarios mozos, levan a cabo os proxectos e actividades. E por suposto son eles, tanto os destinatarios infantís como os xuvenís, os que propoñen proxectos e actividades novas que levar a cabo pola entidade.

A transformación da realidade

A persoa madura participando na construcción do seu contorno. Promovemos unha educación que se insire na sociedade e a transforma e isto significa que a nosa proposta debe promover a sensibilidade por todo o que nos rodea, o coidado do ambiente familiar, a capacidade de análise e crítica da sociedade, a solidariedade polas situacións máis sangrantes e desfavorecidas e a participación social e o voluntariado. Así mesmo promovemos que a propia entidade participe e se implique no barrio e na cidade e colabore formando redes con outras entidades.