Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

¿Qué entendemos por Tempo Libre?

Normalmente tende a mesturarse o concepto de "Tempo Libre" e "Tempo de Lecer". Nos entendemos que para a mocidade actual o "Tempo Libre" abarca moito máis que o propio "Tempo de lecer". As mozas e mozos diferencian basicamente entre tres tipos de tempo: o tempo de tarefas obrigadas (ir a clase, estudar fora da clase, comer, facer tarefas domésticas, etc ...), o tempo de tarefas programadas escollidas por eles mesmos e no que aprender destrezas (apuntarse a diferentes cursos, pertencer a equipos deportivos federados, ...), e o propio tempo de lecer (eles escollen con quen, sen presenza de maiores, e no que se trata simplemente de estar e pasalo ben, adicarse as afeccións persoais, etc ...). Para nós o Tempo Libre abarca a suma do segundo e o terceiro tempo, e é aquí a onde diriximos a nosa oferta de actividades.

O Tempo Libre como espazo educativo

Ás veces pénsase que a educación é algo propio do entorno familiar e da escola. Sen embargo cada momento da nosa vida debe resultar educativo. E quizáis hoxe, máis que noutras épocas, o tempo libre dos nenos, nenas, mozos e mozas deba ser educativo. Dende a nosa entidade entendemos o “Tempo Libre” como un espazo único e privilexiado a nivel “Educativo”, e non só para aprender destrezas e habilidades, senón tamén para compartir e poñer en práctica “Valores Universais” de solidariedade e convivencia entre as persoas. A proposta educativa de Xentenova é integral, abarcando todas as dimensións da persoa, tentando axudar a que os destinatarios aprendan a moverse no mundo con actitude positiva e tomando decisións por eles mesmos dunha maneira libre e responsable. Todas as actividades de Xentenova, máis directa ou indirectamente, teñen de fondo esta intencionalidade.