Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Axúdanos a recuperar a nosa historia

Son moi poucos os datos que temos dos primeiros anos da entidade. E son moi poucas as persoas que coñecemos das primeiras épocas. Sí temos nomes e fotos dos rapaces que se facían socios, pero case nada dos animadores que traballaron a reo para sacar adiante o día a día, e que son os que realmente coñecen o que se facía e porqué se facía. Se tí foches animador de Xentenova (anteriormente chamado Centro Xuvenil do Colexio Hogar), ou coñeces a alguén que o foi, agradeceriamos que te puxeras en contacto connosco para que nos contases de palabra ou por escrito todo o que lembras, e poder así recuperar a nosa historia.

Un pouco de historia

A A.X. Xentenova constitúese legalmente no ano 1985 no Barrio de San Roque, en Vigo. Nace no seo do Centro Xuvenil Salesiano do "Colegio Hogar da Caixa de Aforros de Vigo" (logo Caixanova e hoxe Novagaliciabanco), centro educativo de Formación Profesional rexentado polos Salesianos. Dito Centro Xuvenil xa levaba activo moitos anos (anos 50 ou 60) e estaba formado por mozos maiores que axudaban aos salesianos a dinamizar o barrio nas fins de semana facendo actividades de tempo libre para nenos e outros mozos. Desta labor xurde a idea de dotar ao Centro Xuvenil de entidade Xurídica, de cara a ter máis repercusión na cidade e optar, entre outras cousas, a subvencións públicas das diferentes administracións.