Xentenova considérase voluntaria en si mesma, partindo da crenza de que facer voluntariado enriquece ás persoas e fomenta unha visión máis solidaria do mundo. Entendemos o voluntariado como unha maneira persoal de ser e entender a vida e non como unha mera experiencia que realizas nun momento puntual.
Todas as actividades da entidade veñen sendo realizadas por un equipo de animadores moz@s voluntari@s de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos (e máis tamén). O feito de que todos os proxectos sexan deseñados, programados e realizados por voluntari@s provoca que o noso compromiso non sexa puntual senón a medio e longo prazo, de cara a garantir a continuidade e levar a cabo os fins da entidade. É por isto que convidamos a todo aquel ou aquela que se sinta xoven a formar parte do noso equipo de animadores.
Así mesmo no espírito da entidade e das súas actuacións está o de achegarse ás situacións sociais máis desfavorecidas, de cara a colaborar con proxectos solidarios e sobre todo sensibilizarnos tanto os participantes e as súas familias como os animadores. E por suposto tentamos que ningún nen@ ou moz@ quede sen participar nas nosas actividades por problemas económicos. Así mesmo traballamos con varias das entidades que se adican á protección dos menores tanto a nivel público como privado.
Para saber máis sobre voluntariado preme nos seguintes links: