Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Libro de Visitas

Para que nos adiques unhas palabriñas

Comentarios: 4
  • #4

    Nerea Enríquez (lunes, 02 diciembre 2013 16:57)

    ¿Que tal estamos, xentenovianas e xentenovianos?
    Hoxe estou eu eiquí dedicando unhas verbas para esta asociación e para todos os que fan que isto siga adiante.
    Levo 4 ou 5 anos en Xentenova, e hai dous, nos que realmente sentín e sinto que Xentenova é coma unha familia máis para min. Caracterízase por ser diferente e único, co seu toque persoal, da casa, e todo iso, fai que sexa grande cualitativamente.
    Os nenos, que son os grandes protagonistas, a pesaren de que nós ensinémoslles uns valores, eles, ensínannos tamén, outras cousas da vida: a felicidade, a inocencia.. E o pensar, que, a pesar de todo, hai que disfrutala. Divertirse, soñar. Iso é unha das cousas que máis me gusta; a parte da xente da que me rodeo alí. Porque o que aprendes como persona, non o aprendes en ningures.
    Xentenova é unha asociación humilde, que loita cada ano, por seguir en pé. Por elo, agora que estou máis metida ca nunca, porei unha miguilla para que isto siga funcionando. Porque vale a pena. Porque me gusta. E, como din Celso Emilio Ferreiro no seu poema "Deitado frente ao mar": Porque me meta.
    ¡Grazas a todas e todos! ¡Sigamos traballando neste proxecto!

  • #3

    Santi (sábado, 09 febrero 2013 17:58)

    Hello Xente:

    Tardei tempo en coñeceros, poro dende enton estou moi contento da labor que levades a cabo coa xuventude, xa que lle ensinades un valores e lle dades unha educacion e uns entretenementos que os rapaces que no se poden aprender noutros sitios da misma maneira que con vos, ademais que aparte de ser Xentenova sodes Xenteboa. Seguir asi nunca cambiedes.

    Unha perta moi grade pra todos vos.

  • #2

    Aldara Moreno (lunes, 17 septiembre 2012 17:55)

    Boas!! Xentenoviana al habla!!
    Síntome Xentenoviana, sentínme, e espero sentirme Xentenoviana moitos anos máis... porque Xentenova ocupa unha parte tan grande da miña vida, que non existe a opción de que esa parte desaparezca dela.
    Desexo que todos os que estamos sigamos colaborando neste proxecto e facendo que siga crecendo o mellor posible, e que todos continuemos o noso camiño, co gran recordo do que para nos foi Xentenova.
    Bicos e apertas!!

  • #1

    Diego Otero (jueves, 13 septiembre 2012 00:49)

    Pois ala... xa que estou a voltas coa nova web... vou ser eu o primeiro en deixar unhas verbas...

    Levo moitos anos en xentenova... mmm... exactamente creo que dende 1998, pero poderiamos dicir que dende o 1995 xa que por alí preto andaba xa de animador... e nunca pensei que esta asociación fose a ser unha parte tan importante da miña vida.
    Síntome animador e educador... e por suposto aprendiz... xa que moito do que son o aprendín e o aprendo aquí día a día.
    Os anos van pasando e as persoas tamén, e non sei aínda cando vai rematar a miña aventura persoal en xentenova, pero o que si sei é que sempre será unha das etapas máis importantes da miña vida. Desexo de corazón que esta entidade e a súa labor perdure moitos anos máis. Xentenova Forever!
    Unha aperta para todos os que se sinten, sentiron e se sentirán xentenovianos.