Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Artículos con la etiqueta "xenteNOVAS 2012-13"


Campamentos · 17. agosto 2013
Despois de catro días de campamento, podemos volver actualizar o noso blog. O segundo día foi o día do WhatsApp. Aproveitamos para coñecer as distintas formas de comunicación, xogar cun WhatsApp analóxico, facer unha caixa sorpresa no obradoiro, e ir á praia fluvial por primeira vez, un sitio maravilloso onde o pasamos de maravilla. Ata disfrazamos e pintamos con moito estilo a Aldara de Azafaifa! Pola noite, para coñecernos todos un pouco mais, unha dinámica de comunicación por...
Campamentos · 14. agosto 2013
Eins... xa arracou o campa de Bule-Bule... Viaxe en bus, camiñada pequena cargando as maletas ata as instalacións, xogos de presentación e aprendemos as normas de convivencia do campa. Logo chegou o xantar ao aire libre e despois de comer, presentación do noso CampApp. Adicaremos cada día a unha aplicación de móbil. Hoxe tocou o Facebook, polo que confeccionamos o noso muro nunha cartolina. Agora toca enchelo de cousas e mantelo actualizado día a día. E para rematar a tarde un breve,...
Excursións · 24. abril 2013
Qué fantáaaaastica a Xornada Solidaria deste ano… viaxe en Vitrasa, plantación de árbores, unha pequena ruta na nosa cidade... ¿Que mais se pode pedir para un día así? ¡Que levante a man quen non o pasou de fábula o sábado!… Seguro que todo o mundo ten as mans ben abaixo. Podería rematar este artigo agora mesmo dicindo que foi xenial, maravillosa, divertida, que o pasamos de medo… pero imos dar un pouco de envexa a aqueles que non nos acompañaron... a ver se anímanse para a seguinte saída!!
Cafés Concerto · 22. marzo 2013
¡Si señores!... unha edición máis e xa van... mmm... enésimas... esta actividade tan querida por todos non defraudou... boas cancións, bos intérpretes, moitas risas, moita xente, e moi bo "rollito"... Para os non iniciados dicir que consiste nun pequeno concerto básico/umplugged en directo que vimos facendo dende 1997... a xente prepara cancións, podes ser un bo cantante ou un principiante... aquí todos podemos expresar as nosas capacidades musicais... e de feito o fixemos...
Festas · 24. febrero 2013
Qué cedo chegou este ano o Entroido! ... e fixémolo moi distinto a anos anteriores... aproveitamos a actividade das mañás dos sábados e a alongamos ata despois de xantar... e a verdade e que xa facía tempo que non quedabamos tan satisfeitos... E houbo de todo, gran xogo para os rapaces, teatro, desfile, entrega de premios, xantar compartido xunto coas nais e pais e... ourellas... moitas ourellas...
Excursións · 30. enero 2013
O pasado sábado 26 de Xaneiro fomos de excursión a Cabeza de Manzaneda... Despois de 4 anos de sequía goleadora, ¡por fin tivemos un día espléndido con neve por tódolos currunchos!... e tamén atopamos xente... moita xente... Nen@s, moz@s e nais e pais pasámolo de medo co concurso de bonecos de neve e lanzándonos polas ladeiras...