Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Artículos con la etiqueta "xenteNOVAS 2013-14"


Campamentos · 04. septiembre 2014
"Sonorus... Quietus!" Foi unha das expresións que máis se escoitou no campamento e as nenas e nenos que estiveron alí xa saben que significa... Porque non sei se sabedes que o campamento deste ano foi de Harry Potter! E si, podemos dicir que estivemos en Hogwarts, esa escola tan famosa de maxia, onde aprendimos a facer feitizos e pocións, a coidar criaturas máxicas e participamos na gran batalla para derrotar ao malo malísimo do mundo máxico, o-que-non-debe-ser-nomeado: lord Voldemort.

Festas · 11. marzo 2014
Qué xenial o Entroido!... pasámolo ben eh!... Foi o pasado Sábado 1 de Marzo. Houbo disfraces para todos os gustos, misión imposible chea de probas divertidas, xantar compartido no que participaron algúns pais e nais e desfile e entrega de premios. Os mellores disfraces foron votados por todos os presentes e resultou moi xusto e repartido a verdade. Ao final cancións para rir a esgalla. ...

Excursións · 25. febrero 2014
E por fin fomos á Neve!... Despois de catro intentos estragados polo mal tempo, finalmente saiu adiante o pasádo sábado 22 de Febreiro. Eramos nada menos que 80 persoas entre nen@s, moz@s e pais e nais. Fixemos un concurso de Bonecos de Neve, tirámonos polas ladeiras en plásticos... e sorprendentemente o tempo acompañou... Pasámolo Xenial!

Festas · 18. noviembre 2013
O pasado sábado 16 de Novembro tivemos o xa tradicional Magosto no Barrio de San Roque... Fixémolo, como xa ven sendo habitual, xunto coa Asociación de Veciños San Roque. Houbo Castañas a esgalla, xogos populares, bebidas e un viniño para os maiores... E moito frio... e ademais moito frio... dixen xa que houbo moito friiiiiiio?... jeje... pero non choveu, así que quedamos contentos...

Novas · 26. septiembre 2013
Ola... Saúdos a todos... Xa estamos a poñer en marcha o novo curso de Xentenova. Atrás quedan as vacacións e o campamento de verán. Agora toca arrancar de novo para que teñamos un curso fantástico. E o iamos facer cunha EXCURSIÓN ÁS ILLAS CIES o vindeiro sábado 28 de Xullo, pero a choiva no lo vai estropear. Así que verémonos todos na FESTA DE INICIO DE CURSO o sábado 5 de Outubro. Esperámosvos a todos todos.