Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Artículos con la etiqueta "xenteNOVAS 2014-15"


Novas · 30. junio 2015
Eins meus... por fin chegou o noso primeiro video en internet... este so é para abrir boca... esperamos que vos guste... a partir de agora haberá moitos mais... Vimos de abrir unha conta en Vimeo así que tamén podedes visitarnos alí.
Excursións · 19. marzo 2015
Despois de ter aprazado esta excursión unha semana máis debido ao tempo (que é moi traizoeiro) chegou o glorioso día. Un dos poucos días do ano que pisamos a neve, que a tocamos, que xogamos con ela, porque iso fixemos, amig@s: correr, facer bonecos e guerrillas de bolas de neve, tirarnos dende a ladeira unha e outra vez... Todo un día completo coa mellor compañía posíbel: vós.
Cafés Concerto · 09. enero 2015
O pasado sábado 20 de Decembro tivo lugar o noso tradicional Café Concerto de Nadal... un concerto desenchumplugged feito por todos os que se animan a subir ao escenario... Coma sempre unha velada moi amable e familiar de música, que combina experiencia e calidade coa inocencia e frescura dos que comezan a dar os seus primeiros pasos na música.
Festas · 02. enero 2015
Chegou o Nadal, e con el o fin do trimestre, e por suposto, o noso Festival no que amosar todo o que os participantes de Xentenova somos quen de facer. E semella que foi moito... jejeje... Así o sábado 20 de decembro o noso escenario encheuse de creatividade, música, risas, esforzo, medo escénico e moita chispa... non faltaron cancións, pezas musicais instrumentais, teatro, concurso, e premios para os gañadores e participantes no concurso de Postais de Nadal.
Actividades · 05. diciembre 2014
O pasado 28, 29 e 30 de novembro Xentenova converteu en realidade un desexo dos animador@s máis veteranos: recuperar o encontro de fin de semana que se facía hai anos para os rapaces e rapazas da entidade. Se ben nesta ocasión cun deseño novo e aberto a máis proxectos, xa que foi dirixido principalmente aos proxectos Xainines, Trasnos, Tolainas e Bule-Bule, é dicir... O noso programa EIXO! Dous días e dúas noites que pasamos fóra das nosas casas, aprendendo a convivir entre nós e a...
Festas · 21. noviembre 2014
O pasado sábado 8 de novembro tivemos o noso Magosto xentenoviano xunto coa A.VV. San Roque. Eles porían as castañas e nós os xogos. Frío e chuvia acompañáronnos pois nunha tarde na que os xogos tradicionais e as castañas foron as protagonistas. Cun plan A (de non chuvia) e un plan B (de chuvia), fomos salvando a tarde paseniñamente.
Festas · 07. noviembre 2014
Despois de moitos anos sen celebrar a Festa Celta por diversas razóns... Este ano tivemos todo a favor para facelo. E é que as cousas boas hai que recuperalas, ou non? Non vos podedes nin imaxinar o xenial que o pasamos o 31 de Outubro nunha noite rodead@s de historia, tradición, comida e xogos, sen olvidar nunca a fantástica compañía.
Novas · 24. octubre 2014
O venres 17 de Outubro fíxemos a Asemblea de Soci@s do 2014. Despois de terminar guitarra estivemos fóra falando, rindo e comendo un pouco e logo, dimos o comezo. Explicamos e debatimos temas de Xentenova, como por exemplo o organigrama, presentamos as contas económicas do 2013, falamos da páxina web... Moita xente ao ler isto preguntarase... “Que é esa Asemblea?”, “Que se fai nela?”, “Que hai que facer para estar aí?”.
Festas · 04. octubre 2014
E por fin chegou o gran día... a Festa de Inicio de curso! Nela dimos a benvida a novas nen@s e reencontrámonos cas nen@s de sempre, que repiten un ano máis con nós. Actividade da mañá para eles, comida conxunta coas nais e pais, sobremesa, reunión de nais e pais e xogos... Un día completo.
Excursións · 03. octubre 2014
Derradeiro sábado de setembro aproveitado ao 100%... porque sabedes que fixemos moit@s de nós? Fomos ás illas Cíes a pasar o día! Por sorte, Lorenzo portouse ben e as nosas predicións estiveron acertadas.

Mostrar más