Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Artículos con la etiqueta "xenteNOVAS 2016-17"


Actividades · 06. abril 2017
Ola xentiña... Parece ser que rematou o trimestre... Chega a Semana Santa e con ela un pequeno parón para coller folgos de cara a rematar o curso. Foron unha morea de actividades e bos momentos compartidos que de seguro quedarán no noso recordo por moito tempo; tivemos de todo menos neve... pois si, xa facía anos que non nos quedabamos sen a nosa tradicional e exitosa excursión á Neve. Unha mágoa. O ano que ven volveremos a intentalo.
Actividades · 02. diciembre 2016
Unha fin de semana onde Xainines, Trasnos, Tolainas e Bule-Bule profundizaron no apaixonante mundo da arte a través de diversas disciplinas. Música, danza, pintura, escultura ou baile foron só algunhas das ramas que os xentenovianos tiveron a oportunidade de experimentar a través de xogos, dinámicas e un apaixonante TU SI QUE VALES onde os rapaces puideron demostrar o aprendido.
Novas · 16. noviembre 2016
Dende a derradeira Asemblea de Soci@s, o pasado 11 de novembro, e coa disolución da anterior Xunta Coordinadora, en Xentenova estivemos a traballar para formar e definir o novo equipo de traballo que tomará o relevo. Tódolos soci@s pasamos por dúas Asembleas Extraordinarias e a Xunta saínte tivo que quedar en funcións entre unha e outra para agardar por nós, e aquí estamos!!! :)