Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Artículos con la etiqueta "xenteNOVAS 2018-19"


Cafés Concerto · 13. abril 2019
Fin do 2º trimestre cun Café Concerto e noso habitual encontro de animadores. Pola mañá e ata media tarde estivemos avaliando as actividades, facendo formación de animadores e por suposto disfrutando dun día xuntos todos os que currelamos cada semana para sacar adiante as actividades e proxectos da entidade. Pola tarde-noite, unha nova edición do noso Café Concerto, moi familiar e cheo de música e risas. Sen dúbida foi un día moi interesante.
Excursións · 30. marzo 2019
A Fundación Celta regalounos 14 entradas para ir ao partido do sábado pasado contra o Villareal... Foi o partido da Reconquista!, e vaia se reconquistamos. O noso agradecemento á Fundación Celta por lembrarse de nós.
Festas · 02. marzo 2019
Pero que comellóns saídes nesta foto! jajaja!... Teño unha fame atroz, atroz, atroz ... !!! Que tal o pasaches na festa de Entroido de Xentenova? ... Os animadores o pasamos xenial, así que esperamos que vos tamén. Un día completiño sen dúbida: Misión imposible de probas relacionadas co Entroido galego, xantar compartido, actuacións interestelares, ...