Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Actividades

Actividades · 06. abril 2017
Ola xentiña... Parece ser que rematou o trimestre... Chega a Semana Santa e con ela un pequeno parón para coller folgos de cara a rematar o curso. Foron unha morea de actividades e bos momentos compartidos que de seguro quedarán no noso recordo por moito tempo; tivemos de todo menos neve... pois si, xa facía anos que non nos quedabamos sen a nosa tradicional e exitosa excursión á Neve. Unha mágoa. O ano que ven volveremos a intentalo.
Actividades · 02. diciembre 2016
Unha fin de semana onde Xainines, Trasnos, Tolainas e Bule-Bule profundizaron no apaixonante mundo da arte a través de diversas disciplinas. Música, danza, pintura, escultura ou baile foron só algunhas das ramas que os xentenovianos tiveron a oportunidade de experimentar a través de xogos, dinámicas e un apaixonante TU SI QUE VALES onde os rapaces puideron demostrar o aprendido.
Actividades · 17. noviembre 2015
Aínda estabamos metidos a fondo coas presas propias do inicio de curso cando nos aventuramos a organizar a saída de fin de semana do programa "Eixo". Alí estabamos o venres 30 de outubro pola tardiña, 36 participantes e os animadores listos para zarpar cara Tomiño. Esperábanos unha viaxe de aventureiros para coñecer o Samaín dos nosos antepasados Celtas.
Actividades · 05. diciembre 2014
O pasado 28, 29 e 30 de novembro Xentenova converteu en realidade un desexo dos animador@s máis veteranos: recuperar o encontro de fin de semana que se facía hai anos para os rapaces e rapazas da entidade. Se ben nesta ocasión cun deseño novo e aberto a máis proxectos, xa que foi dirixido principalmente aos proxectos Xainines, Trasnos, Tolainas e Bule-Bule, é dicir... O noso programa EIXO! Dous días e dúas noites que pasamos fóra das nosas casas, aprendendo a convivir entre nós e a...