Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Cafés Concerto

Cafés Concerto · 13. abril 2019
Fin do 2º trimestre cun Café Concerto e noso habitual encontro de animadores. Pola mañá e ata media tarde estivemos avaliando as actividades, facendo formación de animadores e por suposto disfrutando dun día xuntos todos os que currelamos cada semana para sacar adiante as actividades e proxectos da entidade. Pola tarde-noite, unha nova edición do noso Café Concerto, moi familiar e cheo de música e risas. Sen dúbida foi un día moi interesante.
Cafés Concerto · 09. enero 2015
O pasado sábado 20 de Decembro tivo lugar o noso tradicional Café Concerto de Nadal... un concerto desenchumplugged feito por todos os que se animan a subir ao escenario... Coma sempre unha velada moi amable e familiar de música, que combina experiencia e calidade coa inocencia e frescura dos que comezan a dar os seus primeiros pasos na música.
Cafés Concerto · 22. marzo 2013
¡Si señores!... unha edición máis e xa van... mmm... enésimas... esta actividade tan querida por todos non defraudou... boas cancións, bos intérpretes, moitas risas, moita xente, e moi bo "rollito"... Para os non iniciados dicir que consiste nun pequeno concerto básico/umplugged en directo que vimos facendo dende 1997... a xente prepara cancións, podes ser un bo cantante ou un principiante... aquí todos podemos expresar as nosas capacidades musicais... e de feito o fixemos...