Chegou o Nadal, e con el o fin do trimestre, e por suposto, o noso Festival no que amosar todo o que os participantes de Xentenova somos quen de facer. E semella que foi moito... jejeje... Así o sábado 20 de decembro o noso escenario encheuse de creatividade, música, risas, esforzo, medo escénico e moita chispa... non faltaron cancións, pezas musicais instrumentais, teatro, concurso, e premios para os gañadores e participantes no concurso de Postais de Nadal.