Alá polo 22 de Xuño de 1985, e tras levar xa uns 25 anos realizando actividades como centro xuvenil, constituíase legalmente a A. X. Xentenova para “contribuír no tempo libre á educación e á promoción integral de nen@s, adolescentes e moz@s” mediante voluntariado xuvenil. Con data 29 de Decembro de 2020, e tras máis de 30 anos facendo todo tipo de actividades educativas, os soci@s actuais da entidade víronse obrigados a tomar a triste decisión de poñer fin a ese soño que foi Xentenova e ...
Comunicado Oficial de Xentenova pola complexa situación que está a vivir a entidade ante a situación actual de pandemia provocada polo COVID-19
S.O.S. XENTENOVA EN PERIGO DE EXTINCIÓN
Situación Complexa da Entidade Ante a Situación Actual
Despois dunha primeira semana na casa para situarnos e comezar a establecer "rutinas" saudables, Xentenova quere propoñervos uns pequenos retos para que fagades nas vosas casas e creemos momentos xeniais e divertidos. Desixamos aquí un vídeo presentación da iniciativa ademais dun texto no que aparezan as "bases" da proposta...
En vista dos últimos acontecementos, Xentenova, por responsabilidade, vese na obriga de pechar temporalmente todas as súas actividades ata o novo aviso.
Este peche será efectivo dende o xoves 12 de Marzo e ata novo aviso. Voltaremos unha vez a toda esta situación se tranquilice e as autoridades competentes o recomenden.
Aproveitade moito estos días para tocar a guitarra e utilizar a vosa "imaxinancia" para divertirvos de maneira creativa na casa.
Novas · 16. noviembre 2016
Dende a derradeira Asemblea de Soci@s, o pasado 11 de novembro, e coa disolución da anterior Xunta Coordinadora, en Xentenova estivemos a traballar para formar e definir o novo equipo de traballo que tomará o relevo. Tódolos soci@s pasamos por dúas Asembleas Extraordinarias e a Xunta saínte tivo que quedar en funcións entre unha e outra para agardar por nós, e aquí estamos!!! :)
Novas · 05. noviembre 2015
O pasado venres día 23 de outubro realizouse a Asemblea Ordinaria de soci@s na que se presentaron as contas do 2014 e, posteriormente, a Asemblea Extraordinaria de soci@s na que tivo lugar a elección da nova Xunta Coordinadora. Saíu como gañadora a única candidatura presentada, presidida por Ana Cristina, seguida pola vicepresidenta Inés, secretaria Rebeca e como tesourera, repite, Nerea (Nono). Noraboa ás premiadas!
Eins meus... por fin chegou o noso primeiro video en internet... este so é para abrir boca... esperamos que vos guste... a partir de agora haberá moitos mais... Vimos de abrir unha conta en Vimeo así que tamén podedes visitarnos alí.
O venres 17 de Outubro fíxemos a Asemblea de Soci@s do 2014. Despois de terminar guitarra estivemos fóra falando, rindo e comendo un pouco e logo, dimos o comezo. Explicamos e debatimos temas de Xentenova, como por exemplo o organigrama, presentamos as contas económicas do 2013, falamos da páxina web... Moita xente ao ler isto preguntarase... “Que é esa Asemblea?”, “Que se fai nela?”, “Que hai que facer para estar aí?”.
Novas · 26. septiembre 2013
Ola... Saúdos a todos... Xa estamos a poñer en marcha o novo curso de Xentenova. Atrás quedan as vacacións e o campamento de verán. Agora toca arrancar de novo para que teñamos un curso fantástico. E o iamos facer cunha EXCURSIÓN ÁS ILLAS CIES o vindeiro sábado 28 de Xullo, pero a choiva no lo vai estropear. Así que verémonos todos na FESTA DE INICIO DE CURSO o sábado 5 de Outubro. Esperámosvos a todos todos.