Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Campamentos

Campamentos · 04. octubre 2018
E xa pasou outro verán e por suposto o noso xa tradicional Campamento de Verán. Este ano tamén foi na Illa de Ons, e xa van 3 consecutivos nese incrible paraíso natural. Como sempre, foi duro poñelo en marcha e sacalo adiante, pero finalmente o volvemos a conseguir. So esperamos que os participantes o pasaran tan ben como o pasamos nós, e que viñeran igual de satisfeitos. Este ano a temática era unha lembranza das mellores actividades dos campamentos dos 10 anos anteriores. Un...
Campamentos · 04. septiembre 2014
"Sonorus... Quietus!" Foi unha das expresións que máis se escoitou no campamento e as nenas e nenos que estiveron alí xa saben que significa... Porque non sei se sabedes que o campamento deste ano foi de Harry Potter! E si, podemos dicir que estivemos en Hogwarts, esa escola tan famosa de maxia, onde aprendimos a facer feitizos e pocións, a coidar criaturas máxicas e participamos na gran batalla para derrotar ao malo malísimo do mundo máxico, o-que-non-debe-ser-nomeado: lord Voldemort.
Campamentos · 17. agosto 2013
Despois de catro días de campamento, podemos volver actualizar o noso blog. O segundo día foi o día do WhatsApp. Aproveitamos para coñecer as distintas formas de comunicación, xogar cun WhatsApp analóxico, facer unha caixa sorpresa no obradoiro, e ir á praia fluvial por primeira vez, un sitio maravilloso onde o pasamos de maravilla. Ata disfrazamos e pintamos con moito estilo a Aldara de Azafaifa! Pola noite, para coñecernos todos un pouco mais, unha dinámica de comunicación por...
Campamentos · 14. agosto 2013
Eins... xa arracou o campa de Bule-Bule... Viaxe en bus, camiñada pequena cargando as maletas ata as instalacións, xogos de presentación e aprendemos as normas de convivencia do campa. Logo chegou o xantar ao aire libre e despois de comer, presentación do noso CampApp. Adicaremos cada día a unha aplicación de móbil. Hoxe tocou o Facebook, polo que confeccionamos o noso muro nunha cartolina. Agora toca enchelo de cousas e mantelo actualizado día a día. E para rematar a tarde un breve,...